Última hora:
Novedad muy novedosa

Xose Maria Pin Millares: “De relixións de novenas e procesións e de patriotismo de bandeiras, libera nos Domine”

"Hai circunstancias nas que calar pode supoñer covardía ou debilidade ética"

"Se por un casual lle propoñían facer rogativas porque non chovía, aconsellaba con retranca e fonda teoloxía: 'facer pozos, que a auga, tamén, vén de abaixo'"

"Comentaba que había que ter moito respecto aos símbolos, pero que os símbolos non eran a realidade e que levados ao extremo eran o camiño do fanatismo e da superstición"

"Colocar bandeiras a media hasta e celebrar un funeral de Estado, un non sabe se se trata dunha broma macabra ou dun pesadelo"

Patriotismo de balcón
Patriotismo de balcón
08 may 2020 - 11:36

Coñecín hai bastantes anos a un crego retranqueiro, tan bondadoso como intelixente, que desprendía sabedoría e sentido común con xenerosidade. Home de fondo compromiso cristián, falaba con sinceridade. Se por un casual lle propoñían facer rogativas porque non chovía, aconsellaba con retranca e fonda teoloxía:”facer pozos, que a auga, tamén, vén de abaixo”.

Tampouco era partidario de estandartes, bandeiras e cousas deste estilo. Comentaba que había que ter moito respecto aos símbolos, pero que os símbolos non eran a realidade e que levados ao extremo eran o camiño do fanatismo e da superstición, segundo el a palabra bandeira estaba emparentada con bandido e bandoleiro, banda.

Era home de libros, e mesmo, citaba unha frase de don Miguel de Unamuno, sempre o trataba con moita reverencia, recordando que algúns patriotas confundían Patria con Patrimonio. En relixión a súa fonte era o Evanxeo, as parábolas do Señor, dicía. Nunha ocasión, isto para os dous, díxome, ”teño para min que o cristianismo máis ca unha relixión é unha maneira de comportarse, Deus vive nos irmáns, ritos e cerimonias son de creación cultural, os emperadores romanos, tamén, tiñan a súa liturxia que despois copiaron os papas e os mosteiros”. Vai ti a saber¡

Pedro Sánchez anuncia un "homenaje público" a las víctimas del coronavirus
Pedro Sánchez anuncia un "homenaje público" a las víctimas del coronavirus

Hai anos que, por respecto aos posibles lectores, fixen o propósito de non escribir en ningún medio de comunicación, entre outras razóns, por non tomar en van, algo tan sagrado como é a palabra, pero hai circunstancias nas que calar pode supoñer covardía ou debilidade ética.

As circunstancias que vive o noso país, España, Galicia e o mundo enteiro son dunha dificultade e complexidade enorme. Para problemas complexos non serven solucións simples e viscerais. Está en xogo a vida, é dicir, todo. Por iso cando hai poucos días, desde máximos responsables políticos propoñen como gran resposta, colocar bandeiras a media hasta e celebrar un funeral de Estado, un non sabe se se trata dunha broma macabra ou dun pesadelo. En ningún aspecto da vida son iguais todas as condutas. A nobre actividade política, a que serve ao seu País, non pretende destruír o adversario, un político honesto e intelixente, sabe que á gobernabilidade, tamén, se contribúe desde a oposición. Falar é imprescindible, se alguén se nega a falar indica que prescinde da facultade que o fai humano, convértese nun bruto, é dicir, escolle como camiño para solucionar os problemas a violencia. A súa máxima sería: ”para qué imos intentar solucionar os problemas falando se o podemos facer a trompazos”, isto é, coa trompa como órgano de reflexión.

Historicamente a dereita española moveuse con insistencia na irracionalidade, convencida de que este país e de seu e que o goberno lles pertence por dereito divino, esquecen que quen quita e pon os gobernos é a vontade popular, “o povo é quen máis ordena”. Non son nin os condes, os marqueses, os banqueiros ou bispos, por moito poder que teña, nos depositarios da gobernanza.

Pedro Sánchez, Pablo Casado e Inés Arrimadas
Pedro Sánchez, Pablo Casado e Inés Arrimadas

Os partido políticos son esenciais para o funcionamento democrático e, mesmo, cando están na oposición teñen a obriga de colaborar e contribuír na gobernanza. Hai que facer propostas, argumentar, e non valen xeneralidades abstractas, do calibre de “non creo nas súas propostas, o goberno exércese mediante acordos e pactos, non mediante actos de fe, ou” quere arruinar o país, "comunista, bolivariano, castrista” ou xudializar todo. Non estaría demais recordar a tales encerelladores unha carta de Adriano de Utrecht a Carlos V: “si los príncipes alemanes quieren entregar su alma al diablo que lo hagan, pero a S.M. que le paguen los tributos que le deben”.

Algunhas bufonadas do señor Casado, poden escusarse por ter feito a carreira de dereito en cursos acelerados en universidades amigas. Por exemplo, culpar ao goberno e ao señor Sánchez da pandemia e das mortes producidas ou de parapetarse detrás da ciencia, supera o colmo da idiotez e indica que descoñece algo tan elemental coma o significado de “forza maior” como acontecemento que aínda que fose previsible sería inevitable. Claro que se pensa que o seu papel é confundir, enfrontar, crispar, haberá que concluír que está fóra de sitio e mesmo alienado.

"Algunhas bufonadas do señor Casado, poden escusarse por ter feito a carreira de dereito en cursos acelerados en universidades amigas"

O goberno e a oposición portuguesa están dando un exemplo de equilibrio e de patriotismo. Soamente desde a colaboración se constrúe, para cooperar con lealdade e eficacia non é necesario compartir toda a ideoloxía, pero si é imprescindible nobreza, e moverse con criterios de verdade, de sinceridade e de altura de miras, que o horizonte non estea marcado pola mesquindade e polo raquitismo moral. Cando Cánovas del Castillo dixo con tanta amargura aquilo de que “español es aquel que no puede ser otra cosa”, posiblemente pensaba nestes repelentes que fan imposible a convivencia democrática e empobrecen as posibilidades que ofrece a diversidade respectuosa.

Coronavirus
Coronavirus

También te puede interesar

Lo último

stats