A. Segal y S. Lebens (eds.), 'The Philosophy of Worship. Divine and Human Aspects'
Lo divino y lo humano en el culto
Libro de poemas de Manuel Cabada Castro
No comezo das “Verbas limiares” que o meu tío poeta Xosé Manuel Cabada Vázquez antepuxo ó seu libro Vagalumes. Versos galegos (1931) lese o seguinte: “Vel-ahí vai ise feixe de versos, frores ventureiras nacidas ô longo do vieiro dos meus tempos idos...”.
Era el daquela un recoñecido poeta e político galeguista. Pola miña parte, non pretendo ser un preferido das musas. Ocorre, porén, que, no canto de continuar a publicar sisudos libros, empecei dende hai pouco a entreterme en facer versos. Non porque iso a min me atraese de maneira especial, senón porque persoas amigas e por min apreciadas me dicían e repetían que eu era un escritor “poeta” por máis que pola miña parte non me dedicase a poetizar. Poida que iso se debese a que as miñas prosas tivesen con frecuencia pouco de prosaicas ó eu nelas abordar temáticas filosóficas, históricas ou antropolóxicas, limítrofes en certa medida co arcano ámbito da poesía.
En calquera caso foi así como xurdiron estes poemas, recibindo unha primeira acollida na sección de “Opinión” de “Galicia Digital”. Todos eles foron revisados e nalgunhas ocasións levemente modificados para esta edición. En calquera caso, unha ducia deles (os doce finais) publícanse aquí por primeira vez.
Pois ben, se no mencionado Vagalumes Cabada Vázquez indicaba que os seus versos eran “frores ventureiras nacidas ô longo do vieiro dos meus tempos idos”, algo semellante podería eu mesmo dicir sobre os meus. Pois eles reflicten, efectivamente, internos sentimentos e experiencias dun meu primeiro e fundamentante vivir fondamente relacionado co rural galego (no meu caso coa miña parroquia natal estradense de San Lourenzo de Sabucedo), do que aquí quero reivindicar a súa dignidade, o seu porvir e o valor das pequenas cousas. En realidade, os primordios do vivir humano permanecen para sempre presentes nas propias vidas por moi afectados que estean eles por mediacións e experiencias posteriores.
Manuel Cabada Castro
A Coruña, setembro 2024
También te puede interesar
A. Segal y S. Lebens (eds.), 'The Philosophy of Worship. Divine and Human Aspects'
Lo divino y lo humano en el culto
"Habla sobre los valores éticos que hoy necesita la actividad política y social"
'Ética en la política. Para humanizar este mundo', la última obra de Fernando Bermúdez
Un libro de Pedro Pierre con su experiencia personal
'Esto es otro cantar', "lo que he descubierto a lo largo de estos 50 años con las CEBs latinoamericanas"
El cardenal ha presenta en Tarragona su libro Aplicación de la sinodalidad
Lluís Martínez Sistach: "La sinodalidad no tiene marcha atrás"
Lo último
La sabiduría del corazón
Corazón pensante para humanizar
Cuidar cuando no se puede curar
Nunca incuidables
Morir humanamente, morir acompañado
Morir con dignidad
Sanar, acompañar, humanizar
Medicina y cuidado