"Se está abriendo en algunas iglesias locales un intenso e interesante debate teológico-pastoral"
Contar con presbíteros extranjeros y extradiocesanos: cinco decisiones posibles
"Vimos de lonxe, somos moitas, e alzamos a voz para dicir abonda e esixir unha Igrexa nova"
No marco das xornadas feministas do 8 de marzo, as mulleres crentes, de movementos e comunidades, saímos á rúa o domingo día 9 para alzar a nosa voz e dicir que camiñamos xuntas pola Igualdade e a dignidade na Igrexa!
Vimos dunha longa tradición feminista que loitou pola dignidade das mulleres, que esixiu a igualdade de dereitos, poder votar, liberdade sexual e reprodutiva, e no século XXI recoñécese diversa, móstrase cunha forza nova e renovada, e este domingo 9 de marzo sae de novo á rúa para alzar a voz e dicir Abonda xa!
Vimos das mulleres valentes e libres das primeiras comunidades cristiás, e de todas as que ao longo da historia negáronse a quedar recluídas nos roles secundarios e invisibles a que a tradición eclesial e teolóxica queríaas someter.
Vimos da boa noticia dun Xesús que transgrede as normas dunha sociedade fondamente patriarcal. Vimos dunha Igrexa que nos seus inicios fixo da igualdade entre homes e mulleres unha das achegas máis radicais do cristianismo á historia da humanidade. Recuperémola!
Somos moitas as que en todo o mundo alzamos a voz.
Somos maioría nas tarefas de voluntariado, nas celebracións relixiosas, como catequistas, nos consellos parroquiais. Somos moitas nos movementos, asociacións, centros recreativos e no mundo educativo da infancia e mocidade. Son incontables as congregacións de relixiosas que traballan día a día polos dereitos dos máis vulnerables.
Quen constitúe unha parte importante da Igrexa no século XXI? Nós!
- Dicimos abonda xa a ser invisibilizadas e silenciadas.
- Dicimos abonda xa a ser tratadas con condescendencia coma se fósemos menores de idade.
- Dicimos abonda xa á discriminación por razón do sexo ou do xénero. Cantas mulleres vemos representando a institución? Cantas poden tomar parte na toma das decisións? Cantas teólogas traballan nas facultades de teoloxía, cantas acompañan espiritualmente, cantas son formadoras nos seminarios?
- Dicimos abonda xa a que se nos negue o sacerdocio debido ao noso corpo, un corpo que sempre está baixo sospeita.
- Abonda xa dunha visión negativa da sexualidade, que crea sufrimento.
- Abonda xa dunha imaxe dun Deus exclusivamente masculino.
- Unha Igrexa que é comunidade de iguais, onde a muller é recoñecida como suxeito de pleno dereito, con voz e voto en todas partes, onde a muller é valorada polos propios talentos, carismas e achegas ás comunidades.
- Unha Igrexa onde o liderado é compartido entre mulleres e homes, laicos, laicas, persoas consagradas e sacerdotes. Unha igrexa paritaria, máis plural e menos xerárquica.
- Unha Igrexa que acompaña sen xulgar toda a diversidade das familias, de identidades e orientacións sexuais.
- Unha Igrexa onde as mulleres xa somos, e recoñecémonos con autoridade e liderado.
- Unha Igrexa que xa hoxe é semente de futuro.
Vimos de lonxe, somos moitas, e alzamos a voz para dicir abonda e esixir unha Igrexa nova que este 9 de marzo de 2025 dá un novo paso adiante.
También te puede interesar
"Se está abriendo en algunas iglesias locales un intenso e interesante debate teológico-pastoral"
Contar con presbíteros extranjeros y extradiocesanos: cinco decisiones posibles
La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
El Grupo Godó galardona la Sagrada Familia por la coronación de la basílica
Omella, premio Vanguardia ‘Impulso Ciudades’ 2025
Después de un año paralizada en la Mesa de la Cámara Baja
La presión de las víctimas logra que el Congreso desbloquee la ley para que no prescriban los delitos de pederastia
Lo último
La sabiduría del corazón
Corazón pensante para humanizar
Cuidar cuando no se puede curar
Nunca incuidables
Morir humanamente, morir acompañado
Morir con dignidad
Sanar, acompañar, humanizar
Medicina y cuidado