La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
Un gesto de cercanía y acompañamiento en estos momentos difíciles
(Diócesis de Mondoñedo-Ferrol).-
"Cando teñas ganas, cando te sintas só, cando queiras contar algo, cando precises algunha cousa na que che poidamos axudar… conta connosco, porque sempre hai alguén que está disposto para escoitarte e falar contigo"
Remando xuntos coma sempre…
Sentíndonos moi preto…
Escoitamos e compartimos a Palabra
Estas palabras pronunciadas polo papa Francisco antes da bendición Urbi et Orbi extraordinaria do pasado 27 de marzo, resoaron con especial lucidez e intensidade, naquela chuviosa tarde, nunha Plaza de San Pedro físicamente baleira pero con millóns de almas unidas e fortalecidas na fe, confiadas na esperanza e comprometidas na caridade.
As imaxes desa xornada, os xestos e palabras do papa Francisco, percorreron o mundo e sacudiron os corazóns ata o punto de facernos máis conscientes e partícipes da universalidade da Igrexa, así como da súa indudable tarefa e imprescindible necesidade.
Á luz deste momento de gracia e con motivo da grave situación que estamos a vivir; desde a delegación de Pastoral da Saúde da nosa diocese, respostando á iniciativa sempre creativa e xenerosa dos responsables da asistencia relixiosa nos hospitais, decidimos poñer os teléfonos dos mesmos a disposición dos enfermos, familiares, persoal deses centros sanitarios e fieis en xeral, ofrecendo o seu servizo, tamén desta maneira, nun xesto máis de cercanía e acompañamento en tan difíciles momentos.
Non pode faltar nesta dura travesía a Palabra de Deus: que nos fala persoalmente, que nos inspira e nos alumea, afianzando o noso camiñar, aínda no medio da tormenta. Por iso, tamén poñemos a disposición de quen nolo pida o libriño “A Boa Noticia de cada día” coas lecturas do Evanxeo de cada xornada, animando a tódolos que o desexen a acollelo e compartilo.
Así, xunto coas nosas oracións e celebracións, tamén achegamos esa presencia sanadora que vén de Cristo, sempre dispostos a escoitar, axudar, consolar e transmitir esperanza.
Que Deus nos bendiga e a Santísima Virxe, Saúde dos Enfermos e Consolo dos Aflixidos nos garde.
Teléfonos de contacto
Aquí tés os teléfonos para chamar cando sintas a necesidade, cando teñas ganas, cando te sintas só, cando queiras contar algo, cando precises algunha cousa na que che poidamos axudar…conta connosco, porque sempre hai alguén que está disposto para escoitarte e falar contigo…
Responsables da asistencia relixiosa na zona dos hospitais de Ferrol
· Busca do Servicio Relixioso: 460734
· Ana María: 680 420 971
· José Eduardo: 603 292 779
· Victor Manuel: 695 629 576
· Xosé Francisco: 629 865 780
Responsables da asistencia relixiosa na zona do Hospital Público da Mariña
· Xosé Anxo: 619 312 227
· Xefi: 644 815 760
Facilitámosche o Evanxeo de cada día, só tes que pedilo…
Que Deus vos bendiga e vos garde!
También te puede interesar
La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
El prelado se sintió mal durante la noche, y los servicios médicos no pudieron hacer nada
Fallece, de un infarto fulminante, José Antonio Álvarez, obispo auxiliar de Madrid
En el marco del acto por el Trabajo Decente
Homenaje a Juan Mari Lechosa, militante de la HOAC, "fe encarnada y compromiso obrero"
La ceremonia es la primera presidida por el nuevo obispo de Lleida, Daniel Palau
Devoción y memoria: la Catedral de Lleida acoge la ofrenda de los descendientes del beato Francesc Castelló
Lo último
La inteligencia del corazón
El corazón que humaniza
Humanizar frente al sufrimiento extremo
Vergüenza universal: eutanasia
Cada duelo es único
El duelo es indomable
La fuerza humanizadora de la ternura
El corazón en las manos, como ternura