La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
San Martiño Pinario acoge a mostra impulsada por SEPT
(Archisantiago).- O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto, participou hoxe na apertura da exposición 55 anos da liturxia en galego (1969-2024), impulsada pola Editorial SEPT e producida por Merlín Comunicación co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e do Arcebispado de Santiago de Compostela.
Mons. Prieto destacou que a Palabra de Deus non é unha Palabra restrinxida, limitada, ou acotada, senón que “é unha Palabra que chega ao corazón dos homes naquela lingua no que os homes entenden e se falan”.
"A Palabra de Deusé unha Palabra que chega ao corazón dos homes naquela lingua no que os homes entenden e se falan"
O arcebispo afirmou que “a lingua fala do que somos cada un de nós, do que somos como persoas, como familia e como pobo. Polo tanto, falar da liturxia en galego é falar desa lingua”. E engadiu que “as linguas son compañeiras da historia dun pobo e fala dese pobo ao longo dos séculos e desas crenzas e do que significan esa opción e ese horizonte transcendente na vida das persoas”.
Participaron neste acto, que acolleu o Mosteiro de San Martiño Pinario, Silvestre Gómez, comisario da exposición; Víctor F. Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Composta por seis paneis, a mostra recolle o percorrido da lingua galega na liturxia nestes 55 anos partindo da aprobación, en 1963, do uso das linguas vernáculas na liturxia no Concilio Vaticano II ata a aprobación, cinco anos máis tarde, do galego como lingua litúrxica nas dioceses de Galicia. Unha nova que se faría pública o 7 de xaneiro de 1969, con gran repercusión na situación social do momento.
Parte fundamental deste fito foron tamén as primeiras traducións ao galego dos textos litúrxicos como o Misal Romano ou a Biblia, que o Goberno galego volve editar a día de hoxe en colaboración con SEPT co obxectivo de levar a lingua a todas as parroquias galegas.
As persoas interesadas poderán visitar a mostra no claustro pequeno do Mosteiro de San Martiño Pinario, onde estará dispoñible ata o 29 de febreiro.
También te puede interesar
La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
El prelado se sintió mal durante la noche, y los servicios médicos no pudieron hacer nada
Fallece, de un infarto fulminante, José Antonio Álvarez, obispo auxiliar de Madrid
En el marco del acto por el Trabajo Decente
Homenaje a Juan Mari Lechosa, militante de la HOAC, "fe encarnada y compromiso obrero"
La ceremonia es la primera presidida por el nuevo obispo de Lleida, Daniel Palau
Devoción y memoria: la Catedral de Lleida acoge la ofrenda de los descendientes del beato Francesc Castelló
Lo último
La sabiduría del corazón
Corazón pensante para humanizar
Cuidar cuando no se puede curar
Nunca incuidables
Morir humanamente, morir acompañado
Morir con dignidad
Sanar, acompañar, humanizar
Medicina y cuidado