La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
É a continuación das outras dúas publicadas despois do Concilio Vaticano II (nos anos 1970 e 1988)
(archicompostela.org).- A presente versión en lingua galega do Missale Romanum, actualizada de acordo coas indicacións do Dicasterio para o Culto Divino e a Disciplina dos Sacramentos, foi aprobada na CXVII Asemblea Plenaria do Episcopado Español celebrada do 19 ao 23 de abril de 2021 e confirmada polo Dicasterio para o Culto Divino o 3 de marzo de 2022.
Esta terceira edición do Misal Romano é a continuación das outras dúas publicadas despois do Concilio Vaticano II (nos anos 1970 e 1988 respectivamente). Esta edición supón un notable enriquecemento en relación coas anteriores; de feito, a terceira edición ofrece unha tradución ao castelán con abundantes cambios de expresión, retoques e precisións, todo isto para preservar a fidelidade ao texto latino orixinal de 2008. Así mesmo, tamén se enriqueceron as rúbricas para facilitar a súa comprensión e desenvolvemento dentro da celebración.
Na súa intervención, Mons. Francisco José Prieto destacou a importancia histórica e cultural da lingua galega na liturxia, lembrando un camiño que comezou en 1963 co Concilio Vaticano II, que permitiu o uso de linguas vernáculas na liturxia romana. O prelado compostelán subliñou fitos significativos, como a aprobación do galego como lingua litúrxica en xaneiro de 1969 e o Concilio Pastoral de Galicia en 1976, que avogou pola promoción do galego como un valor humano e unha ferramenta de evanxelización. Lembrou as palabras do Concilio que instaban a todos os cristiáns a participar na promoción do galego, non só na liturxia, senón tamén no ámbito cultural.
Mons. Prieto tamén mencionou o apoio institucional recibido ao longo dos anos, incluíndo a colaboración da Xunta de Galicia e as deputacións provinciais, que fixeron posible a primeira edición do Misal Romano en galego en 1987, así como a recente reedición actualizada de 2023. Finalmente, enfatizou que a lingua galega é máis que unha cuestión lingüística; é unha forma de ser, vivir e expresar a fe. Fixo un chamado a continuar coa pedagoxía gradual e progresiva do uso do galego na liturxia, como corresponde á Igrexa e a toda a sociedade galega.
Pola súa parte, o Bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos Montanet, destacou o valor histórico e cultural da lingua galega na liturxia, lembrando os documentos do Concilio Pastoral de Galicia e o apoio de varias dioceses na promoción do uso do galego.
Subliñou que o Misal non é só un libro máis, senón unha obra técnica que require unha realización especializada. Mencionou que a edición actualizada do Misal Romano seguiu estrictas indicacións do Vaticano e incorporou normas da congregación para o culto divino.
Destacou a calidade técnica e ambiental do libro, sinalando que está impreso con tintas respectuosas co medio ambiente e materiais de alta durabilidade
Tamén destacou a calidade técnica e ambiental do libro, sinalando que está impreso con tintas respectuosas co medio ambiente e materiais de alta durabilidade. Mons. Lemos invitou a redescubrir a beleza da liturxia e a fomentar unha maior sensibilidade cara á incorporación progresiva do galego na liturxia ordinaria.
Concluíu a súa intervención agradecendo a todos os que traballaron neste proxecto, recoñecendo especialmente a Mons. Francisco José Prieto, quen colaborou no proxecto antes de ser nomeado arcebispo.
Finalmente, José López Campos resaltou que con este Misal se favorece a dinamización da lingua galega no ámbito litúrxico, facilitando que os sacerdotes poidan oficiar as cerimonias relixiosas católicas en galego, achegándose así ás persoas galegofalantes e tamén prestixiando o idioma.
Ademais de garantir os dereitos lingüísticos das persoas que asisten aos rituais relixiosos, López Campos afirmou que hai que ter en conta que a igrexa en Galicia ten unha gran capacidade de chegar a grandes grupos de xente, tanto grandes como pequenos.
Deste xeito, lembrou que o seu obxectivo co Pacto pola lingua galega é abarcar todos os ámbitos posibles, aqueles nos que convive a nosa sociedade. Durante o acto de presentación, López Campos agradeceu a implicación e colaboración do arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto, con quen xa mantivo un encontro hai unhas semanas para traballar en prol do uso da lingua galega no ámbito eclesiástico.
Este mesmo ano celébranse os 55 anos da liturxia en galego, o que significou un fito importante para a nosa lingua ao recoñecela para o culto relixioso. Foi en 1963 cando o Concilio Vaticano II aprobou o uso das linguas vernáculas, aceptándose cinco anos máis tarde o galego na liturxia nas dioceses de Galicia. Sería en 1969 cando a nova conseguiría repercusión entre a sociedade e cando se produciron as primeiras traducións á lingua dos textos relixiosos como a Biblia ou o Misal Romano.
También te puede interesar
La Plenaria de noviembre vendrá marcada por la elección del vicesecretario general de Asuntos Económicos
¿Es Alfredo Dagnino el 'tapado' para sustituir a Barriocanal?
El prelado se sintió mal durante la noche, y los servicios médicos no pudieron hacer nada
Fallece, de un infarto fulminante, José Antonio Álvarez, obispo auxiliar de Madrid
En el marco del acto por el Trabajo Decente
Homenaje a Juan Mari Lechosa, militante de la HOAC, "fe encarnada y compromiso obrero"
La ceremonia es la primera presidida por el nuevo obispo de Lleida, Daniel Palau
Devoción y memoria: la Catedral de Lleida acoge la ofrenda de los descendientes del beato Francesc Castelló
Lo último
La sabiduría del corazón
Corazón pensante para humanizar
Cuidar cuando no se puede curar
Nunca incuidables
Morir humanamente, morir acompañado
Morir con dignidad
Sanar, acompañar, humanizar
Medicina y cuidado